Será preciso para poder superar a materia, que o estudante faga entrega dos traballos tutelados programados polo profesor. Para superar a materia e promediar a puntuación obtida na avaliación continuada, será necesario acadar polo menos unha puntuación de 4 sobre 10 puntos na proba obxectiva.
As porcentaxes asignadas a cada metodoloxía poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante o valor das probas nunca será inferior ao 70% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 30%.
Non existen
diferenzas na avaliación da primeira e segunda oportunidade, nin entre
alumnos a tempo parcial ou tempo completo, máis alo do recollido nas
normativas superiores.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de evaluación,
implicará directamente a cualificación
de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
materia en que se cometese: o estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta
de primeira oportunidade, se fose necesario.