REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistir a clase. A asistencia a clase é obligatoria cun 80% das sesiones.
- Participar na clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non so a asistencia, senón tamén a participación e o aproveitamento do tempo da clase.
- Realizar todas as actividades obligatorias que computan na avaliación final da materia; isto é: cada unha das actividades que se corresponden coa metodoloxía de solución de problemas.
- Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra del plazo ou a ausencia de entrega terá unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso.
- Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula.
- No relativo á realización
fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao
establecido no artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC: obterase a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
O alumnado que no cumpra co requisito de asistencia do 80% deberá someterse á avaliación final, que consistirá na entrega do dossier, elaborado de forma autónoma polo estudiante.
Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase non presentado.
3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).