Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías
 Asignaturas
  Orientación Familiar en Contextos Socioeducativos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, biografías, artígos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Portafolios do alumno Elaborarase un portafolio sobre as actividades realizadas no aula. Cada una das partes do traballo a realizar será abordada teoricamente nas sesións expositivas previamente a fin de que o traballo sirva para reforzar os contidos teóricos, e sexan un apoio para a elaboración do traballo práctico por parte do/da estudante.

Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumnado e o docente interatúan dun modo ordenado onde, nun primeiro momento, o grupo expón o seu traballo e, en segundo lugar, a docente poderá propoñer cuestións, solicitar aclaracións de certos aspectos de forma dinámica.
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audiovisuais, así como da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa fin de que a aprendizaxe teña un carácter máis dinámico e permita a participación do alumnado.
A estrutura das sesións maxistrais rexerase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teoricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; e o traballo teórico complementarase en cada sesión coas actividades que se levarán a cabo correspondentes ás fases do proceso de investigación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes