Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía |
Asignaturas |
Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria | Código | 652602221 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Simulación | A15 A19 A21 A23 A24 C3 C7 | SIMULACIÓN DO MÉTODO DE PROXECTOS: O alumnado de Máster elaborará, en pequeno grupo, unha proposta didáctica baseada no método de proxectos, tanto desde o punto de vista do profesor/da profesora como desde o punto de vista do estudantado, que será presentado a través dunha exposición oral. Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son: - Contemplar significativamente os apartados especificados polo persoal docente da materia. - Integrar significativamente as TIC. - Integrar significativamente a Educación Ambiental (sustentabilidade). - Entregar o prototipo ao persoal docente da materia na aula, o día da exposición oral. - Estar titorizado polo persoal docente da materia, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa exposición oral. Non se valorará ningún traballo que non fose titorizado previamente. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías do persoal docente da materia. - Empregar o currículo vixente. - Cumprir coa extensión e formato especificados polo persoal docente da materia. - Ser entregado no prazo establecido a través do Campus Virtual. - Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/ - As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto deben declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. das “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: “Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.” A exposición oral do traballo tutelado por parte de cada pequeno grupo realizarase en soporte audiovisual, mediante a creación dun vídeo. Todos os membros do grupo participarán na exposición oral dun xeito equilibrado. Os vídeos exporanse na aula e o resto de compañeiros/as de aula coavaliarán o traballo, xunto co persoal docente da materia. Despois da visualización de cada vídeo, o persoal docente da materia interactuará co alumnado autor do vídeo, a través de cuestións. A duración mínima da presentación oral en soporte audiovisual é de 10 minutos e a duración máxima é de 20 minutos. A duración máxima da interacción persoal docente-alumnado é de 10 minutos. O día da presentación oral é imprescindible entregar o prototipo ao persoal docente da materia, facendo unha demostración do seu funcionamento. Dita demostración non excederá dos 5 minutos de duración. A entrega do traballo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria). |
60 |
Saídas de campo | A15 A19 A21 A23 A24 C3 C7 | Esta actividade realizarase en dúas fases: - A primeira, en grande grupo, na que se realizará a visita guiada a algún centro ou institución de interese tecnolóxico. - A segunda, en pequeno grupo, na que o alumnado estudará os aspectos didácticos das saídas de campo, para o que elaborará un informe tutelado no que se inclúan os apartados especificados polo persoal docente da materia. Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son: - Contemplar significativamente os apartados especificados polo persoal docente da materia. - Integrar significativamente as TIC. - Integrar significativamente a Educación Ambiental (sustentabilidade). - Estar titorizado polo persoal docente da materia, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do informe antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún informe entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas do informe. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías do persoal docente da materia. - Empregar o currículo vixente. - Cumprir coa extensión e formato especificados polo persoal docente da materia. - Ser entregado no prazo establecido a través do Campus Virtual. - Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/ - As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto deben declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. das “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: “Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.” A entrega do informe fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria). |
25 |
Solución de problemas | A15 A19 A21 A23 A24 C3 C7 | Actividades baseadas na resolución de problemas concretos, a partir dos coñecementos que se traballaron nas aulas. As actividades teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas polo persoal docente da materia, no prazo establecido por este. A entrega das actividades fora de prazo suporá a avaliación das mesmas na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria). |
15 |
Proba mixta | A15 A19 A21 A23 A24 C3 C7 | Ver apartado de "observacións avaliación". | 0 |
Observacións avaliación | |||
A Nótese ALUMNADO QUE ASISTE A MÁIS DO 80% DAS AULAS. Na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria) a cualificación final será a media ponderada das notas das actividadesda materia (solución de problemas: 15%, saídas de campo: 25%, e simulación: 60%), debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 ou superior sobre 10). Se non se cumpre coa entrega das actividades na data sinalada, considerarase como “non presentado” na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria). Cando nalgunha das partes da materia se acade a cualificación de suspenso (solución de problemas, saídas de campo, simulación), a cualificación da materia será de suspenso, sendo a cualificación final a nota da actividade suspensa máis alta. O alumnado que na primeira oportunidade ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA. Segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de Grao e Máster Universitario na Universidade da Coruña”: - Deberá poñelo en coñecemento do persoal docente na primeira semana de aulas, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. - Terá - Para a cualificación da - Na segunda oportunidade CONSIDERACIÓNS A TER EN CONTA NA PROBA MIXTA. Tal e como se recolle nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: |
|