Nesta
materia, os envíos dos traballos faranse de xeito telemático a través do Campus
Virtual. De non ser posible, elixirase a impresión a dobre cara, empregarase
papel reciclado e non se utilizarán plásticos. Ademais, evitarase imprimir borradores. Recórdase que débese facer un uso sustentable
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Ademais, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade
nos comportamentos persoais e profesionais. Por outra
banda, segundo se recolle nas
distintas bases normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia incorpórase a igualdade de xénero,
polo que o alumnado debe telo en
conta á hora de realizar as distintas actividades da materia. |