Portafolios do alumno |
A4 A5 C4 C6 |
Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido deste.
a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.
* A cualificación final deste traballo poderá ser diferente para cada integrante do pequeno grupo. Unha parte da puntuación respostará ao traballo que se realice de modo grupal e outra ao traballo individual.
* Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
* *Será imprescindible que o alumnado entregue tódalas tarefas (individuais e grupais) incluídas no portafolios. En caso contrario, non poderá superar a materia. |
70 |
- Nas presentacións orais ou escritas deberase atender a criterios de integridade académica (xestión adecuada de referencias bibliográficas e información de terceiras persoas); ademais procurarase o uso dunha linguaxe non discriminatoria.
- A asistencia ás sesións non poderá ser inferior ao 80% das horas que se impartan de maneira presencial.
- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa, deberá entregar as actividades e o portafolios no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado e resolvelas de modo individual.
- Se un/unha alumno/a cuxa asistencia é regular non acude á clase o día de realización dalgunha actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente. Esta incorporarase tamén ao portafolios.
- O portafolios entregarase na data que se indique ao inicio do curso.
- Coa fin de facilitar a xestión da materia e o seguimento do alumnado será obrigatoria -antes da segunda semana lectiva- a actualización do perfil persoal no campus virtual da UDC, insertando unha foto actual.
- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación ("portafolios do alumno" e "proba mixta").
- Dado que a materia é impartida por diferentes docentes, poderán existir variacións intergrupais no formato do exame final, no tipo de actividades de aula e na orde de presentación de contidos.
- Na 2ª oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª oportunidade.
A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario". Cumprimos así co
establecido no artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC
|