Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en língua e literatura galega e língua e literatur
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A25 A26 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Proba de reflexión individual 30
Presentación oral C1 C3 Exposición do traballo tutelado e debate co grupo-aula. 10
Traballos tutelados A23 A25 A26 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun proxecto educativo en grupo 60
 
Observacións avaliación

Modalidades de avaliación

Estabelécense tres modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que asistan regularmente ás aulas:

  • Un traballo tutelado en grupo (60% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre
    10 para poder realizar a media co resto das cualificacións.
  • A presentación oral do traballo (10% da cualificación). 
  • Unha tarefa de reflexión individual (30% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre
    10 para poder realizar a media co resto das cualificacións.

As probas non superadas deben repetirse na oportunidade de xullo,
baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.



Para esta modalidade de avaliación é requisito
imprescindíbel a asistencia regular ás aulas, para a que se fixa un mínimo do
80% sobre o conxunto das sesións. Ademais, será necesario
realizar todas as actividades propostas ao longo do curso.

2. Para o alumnado con dispensa académica:

  • Un traballo individual en grupo (60% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder realizar a media co resto das cualificacións.
  • A presentación oral do traballo (10% da cualificación). 
  • Unha tarefa de reflexión individual (30% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder realizar a media co resto das cualificacións
Segundo o establecido na Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e de máster universitario na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1.  Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fose posíbel, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fose concedido o
recoñecemento.
2.  Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas estabelecidas polas docentes. Se non se cumpre a entrega na data sinalada avaliarase segundo a terceira modalidade (100% proba de ensaio).
3. No caso de non superar algunha das partes na primeira
oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas
(traballo tutelado e/ou proba de ensaio).

3. Para as persoas que non
cumpran as condicións anteriores:

  • Unha proba de ensaio (100% da cualificación), que poderá ser diferente á que se propoña para as modalidades anteriores.

Entrega dos traballos

Os traballos entregaranse en formato dixital a través do Campus
Virtual.

Realización fraudulenta das probas







A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: a persoa será cualificada con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes