Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Recursos. estratexias e materiais didácticos na aula de linguas estranxeiras
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A21 A22 C3 Diseño e aplicación dun material didácitico innovador para o seu uso na aula de lingua estranxeira. 30
Análise de fontes documentais A21 C2 Deberanse analizar de forma crítica catro estudos de caso.
A análise de cada artigo será de dúas páxinas en formato Times New Roman e dobre espazo e o se contido organizarase en: 1. Título, fonte e resumo do traballo; partes que o compoñen; e análise critíca do mesmo.
Data máxima de entrega: horario da proba oficial.
50
Presentación oral A22 Análise e presentación en clase dun material didácitico innovador para o seu uso na aula de lingua estranxeira. 20
 
Observacións avaliación

O alumnado que asistiu a clase con regularidade (80%) e non supere a materia na convocatoria ordinaria terá que repetir só as partes suspensas.

Aqueloutras estudantes cunha exención académica que os exime de asistencia, solicitada formalmente a tempo e forma, serán avaliados a través dos seguintes compoñentes:

-Análise de fontes documentais: análise de 6 artigos - 5 puntos.

-Estudo de caso: deseño de dous materiais didácticos - 3 puntos.

- Presentación oral: presentación dos dous materiais didácticos no horario da proba oficial - 2 puntos.

Neste caso, a nota final será o resultado da suma das cualificacións obtidas.

Aqueloutros estudantes que non asistan ao 80% das sesións ou non aproben a materia na primeira convocatoria, na convocatoria extraordinaria de xullo serán avaliados polo mesmo método proposto para aquelas persoas con exención académica.

Os traballos deben entregarse electronicamente a través do campus virtual e, se non é posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara e usar papel reciclado.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017 ) :

1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non foraposible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento.

2. Terán que realizar,individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso eentregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega nadata sinalada considerarase como suspenso e recibirá unha cualificación de 0. 

3. A cualificación seráa media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante ocurso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames,debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para podersuperar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeiraoportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas(actividades/traballos e/ou proba).

IMPORTANTE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes