Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na calificación global da mesma.
Polo tanto, o día marcado no calendario oficial non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar a docencia da materia.
O alumnado que durante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nas sesións interactivas) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada.
Para o alumnado que por motivos xustificados non poda asistir (incluido o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia), se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar pendente das actividades plantexadas e das datas de entrega das mesmas.
É obligatorio que o alumnado baixo esta modalidade (non asistente) o comunique nas dúas primeiras sesións do cuadrimestre mediante unha titoría coas docentes.
A convocatoria de xullo estará destinada ao alumnado que ben no superase a materia ou ben que non se presentase.
- No primeiro caso (alumnado que non superou a materia na convocatoria de xuño), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.
- No segundo caso (alumnado non presentado) realizará todas as actividades de avaluación continua.
Nos dous casos é preciso entregar as actividades con data límite dúas semanas antes da data oficial do exame de xullo de 2024. Realizándose a proba obxectiva que supón un 15% da calificación total, na data oficial.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.