Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I | Código | 652G02020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A27 A28 B14 B22 B24 C4 C8 | Valorarase a participación activa, interese, actitude positiva, etc nas tarefas realizadas nas sesións programadas (seminarios e prácticas de laboratorio) e/ou a calidade e orixinalidade nas entregas requeridas, tanto de forma grupal como individual. | 10 |
Traballos tutelados | A29 A30 B2 B9 B15 B16 B17 B18 B19 C1 | Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus/súas compañeiros/as. | 40 |
Proba mixta | A25 A26 A27 A30 B8 B21 | Realizarase a rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e críticamente, etc. | 50 |
Observacións avaliación | |||
Primeira oportunidade (maio/xuño). Alumnado que acude ao 80% das sesións interactivas: A cualificación final será consecuenciados resultados obtidos nos seguintes apartados:
Segundo o establecido no artigo 12º de la “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” na UDC (29/06/2017), referente á solicitude de realización de probas de avaliación en datas distintas da ordinaria, cabe destacar que só se refire ás probas que se realicen no período de avaliación establecido polo calendario académico, polo que quedan expresamente excluidas as probas de avaliación continua que se realicen fóra de dito período. Por este motivo, non se aceptarán documentos de ningún tipo para xustificar a non asistencia ás sesións interactivas e/ou ás sesións de seguemento / presentación dos traballos tutelados. Para obter unha cualificación de aprobado/a, é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dos apartados (sesión interactivas, traballos tutelados e proba individual). A cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. O alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes, a súa cualificación da materia corresponderá á parte suspensa. Tanto o alumnado que non acude ao 80% das sesións interactivas como o que ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia a clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de Grao e Máster Universitario na Universidade da Coruña" (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): Deberán poñelo en coñecemento do profesorado na primeira semana de clase. A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:
Segunda oportunidade (xullo). A avalicación farase do mesmo xeito que na oportunidade de maio/xuño, téndose que recuperar únicamente os apartados que se teñan suspensos (tarefas das sesión interactivas -sempre que as teña suspensas, pero alcanzara o 80% de presencialidade-, traballos tutelados e/ou proba escrita individual). Tanto no caso dos/as asistentes ao 80% das sesións interactivas, o alumnado que non acuda ao 80% das sesións interactivas ou con dispensa académica, a cualificación final será en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada. NOTAS XERAIS A AMBAS OPORTUNIDADES: · A cualificación de sesións interactivas e traballos tutelados só se gardarán durante un curso académico. · É primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia. · "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario" |
|