Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Historia da educación
   Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Os diferentes traballos colaborativos en pequeno grupo terán unha atención permanente e no seu caso personalizada mediante as canles indicadas, coa finalidade de manter o apoio e o seguimento regular e individualizado necesarios nas diferentes propostas de aprendizaxe.

Aínda que non é obrigatoria a asistencia ás titorías, o profesor estará disponible o seu horario de atención ao alumnado de xeito regular, semanalmente, para resolver as dificultades que o seu traballo suscite. É preferible solicitar previamente a títoría. Nota importante: o profesor non avaliará aqueles traballos que non foran previamente tutelados e dos que non se teña constancia, para o cal, darase oportuna información no seu momento.

As titorías individuais poderán ser tanto virtuais como presenciais. As titorías grupais serán virtuais a través de TEAMS.

Por razóns de hixiene, limpeza e desinfección do centro, estará prohibido o consumo de alimentos nas aulas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes