Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Antropoloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A5 A8 A11 B1 B6 C1 C4 C6 C8 A proba mixta constará dun fragmento a comentar (extraído dos textos obxecto de análise nas sesións de seminario), cuxa cualificación máxima será de 2 ptos., e dunha cuestión teórica a desenvolver (referida ós contidos abordados tanto nas sesións maxistrais como nas de seminario), cuxa calificación máxima será tamén de 2 ptos.
Valorarase, no caso do comentario, a análise conceptual do fragmento, a reconstrucción da súa estructura discursiva e a contextualización nun marco máis amplo (autor; corrente; época; problemática); asimesmo, a claridade expresiva e a precisión no uso dos conceptos.
No que atinxe á cuestión teórica, serán obxecto de valoración: a cantidade e calidade da información recollida na resposta; o enfoque global da mesma; o rigor conceptual e discursivo da exposición; a claridade expresiva.
40
Seminario A1 A2 A5 A8 A11 B1 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 A cualificación do traballo de seminario, que inclúe a lectura previa polo alumnado dos textos e a elaboración polo alumnado de 3 comentarios (sobre 5 fragmentos que lle serán propostos e que estarán extraídos dos textos traballados nos seminarios), faráse do seguinte xeito: tres cuartas partes corresponderán á cualificación dos comentarios, cunha puntuación total de 3 ptos. (1 pto. de calificación máxima por cada comentario) e a cuarta parte restante valorará a asistencia e participación do alumnado nas sesións de seminario, correspondéndolle unha cualifiación máxima de 1 pto. 40
Lecturas A2 A5 A8 A11 B1 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 A cualificación do libro de lectura farase mediante a resposta do alumnado a unha cuestión que lle sexa prantexada sobre o mesmo, acompañada dun breve fragmento. A cualificación máxima será de 2 ptos.
Valorarase o nivel de comprensión e síntese do libro leído, a conexión que se estableza entre o seu contido e o conxunto da asignatura, a claridade expresiva e conceptual, e a argumentación da valoración persoal.
20
 
Observacións avaliación

Esquema do reparto da cualificación do alumno (sobre unha cualificación máxima de 10 ptos.): a) PROBA MIXTA: 4 ptos. de cualificación máxima, dos cales 2 correponderán ó comentario e outros 2 á resposta á cuestión teórica; b) SEMINARIO: 4 ptos. de cualificación máxima, dos cales 3 corresponderán os 3 comentarios entregados (1 pto. por comentario) e 1 pto. que valorará a asistencia e participación nas actividades da aula; c) LECTURA.- 2 ptos. de cualificación máxima; calificarase por medio da resposta que o alumnado dé a cuestión que, a partires dun fragmento da obra elexida, se lle propoña; o alumnado respostará xunto coa proba mixta, pero haberá dúas cualificacións distintas (a da proba mixta -4 ptos.- e a do libro de lectura -2 ptos.).

Na segunda oportunidade (Xullo) mantense os criterios anteriores, coa salvedade de que o punto reservado á asistencia e participación na aula distribuirase entre as outras tres cualificacións parciais, dacordo coa súa aportación proporcional á cualificación global.

Admítese a dispensa académica. No caso de atoparse alumnas o alumnos nesta situación, establecerase dun xeito persoalizado a orientación da súa aprendizaxe na materia mediante unha porcentaxe mínima de asistencia á aula e/ou asistencia a titoría. En calqueira caso, os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.

Farase un seguimento para evitar na entrega de traballos escritos calquer clase de fraude académico.

Tanto na convocatoria ordinaria como na segunda oportunidade será necesario acadar unha cualificación mínima de 2 puntos (sobre un máximo de 4) na proba mixta para poder ser avaliado positivamente.

No
caso de falta grave por parte do alumno, aplicarase o contemplado no “Regulamento
disciplinar do alumnado da UDC”, artigo 11, apartado 4 b.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes