Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (a distancia)
 Asignaturas
  Metodoloxía para a Investigación Clínico-Epidemiolóxica e Traslacional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C7 C8 C9 Proba obxectiva con preguntas tipo test, sobre os contidos desenvolvidos na materia 50
Traballos tutelados A1 A2 B1 B8 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C7 C3 C8 C9 Traballo consistente na elaboración dun borrador breve dun protocolo de investigación sobre unha temática elixida polo/a estudante, desde a perspectiva da investigación cuantitativa. Programaranse varias entregas que serán revisadas polas docentes, que tutelarán o alumnado na elaboración do traballo final. 50
 
Observacións avaliación

A avaliación damateria constará de dous partes:

  • Unha parte de avaliación continua (50%, 5 puntos sobre 10) consistente na elaboración, de forma individual, do borrador dun protocolo de investigación clínico-epidemiolóxica ou traslacional, de temática libre, coas especificacións indicadas polas profesoras da materia.
  • Unha proba obxectiva (50%, 5 puntos sobre 10), en relación cos contidos desenvolvidos na materia.

Non presentado

Obterá a cualificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a que non se presente á proba obxectiva.

Segunda oportunidade

O sistema de avaliación decrito será de aplicación tanto en primeira como en segunda oportunidade. Conservarase a nota do traballo tutelado obtida en primeira oportunidade. Para aqueles/as estudantes que non o realizasen, ou para os que queiran volver a ser avaliados, establecerase un novo prazo de entrega do traballo antes da proba obxectiva da segunda oportunidade.

Segunda convocatoria e sucesivas

No caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores. O sistema de avaliación será o mesmo que en primeira convocatoria.

Alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica

Todas as observacións previas son aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica.

Convocatoria adiantada

Os criterios son os establecidos nas "Normas deavaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao emáster universitario", artigo 19.

Matrícula de honra

Poderán optar a Matrícula de Honra os alumnos con unha media que supere o 9. As profesoras da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.

Plaxio



En caso de plaxio, aplicarase o seguinte:

  • Cualificación de suspenso na
    convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
    materia en que se cometese: o/a estudante será
    cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
    correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta
    se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
    procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
    oportunidade, se fose necesario.

Realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación 

A realización fraudulenta
das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e
respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado
nesta oportunidade
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes