Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (a distancia)
 Asignaturas
  Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Información Científica e Busca de Información en Ciencias da Saúde/653862301d

Materias que continúan o temario
Modelos Estatísticos para a Investigación Clínica/653862328d
Análise de Supervivencia e Probas Diagnósticas/653862333d

Observacións

PROGRAMA GREEN CAMPUS FCS 

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata substentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: 

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 

b. De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores. 

  

POLÍTICAS DE XÉNERO 

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). 

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.  

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes