Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (semipresencial)
 Asignaturas
  Investigación en Ocupación Humana e as Múltiples Diversidades
   Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Investigación (Proxecto de investigación)
Presentación oral
Solución de problemas
Análise de fontes documentais
Foro virtual
Descrición
A atención personalizada farase mediante titorías individualizadas ou en grupo reducido (segundo as necesidades do alumnado).
A tal fin, o alumnado dispón dun horario oficial de titorías, que se poderán realizar de modo presencial ou a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia (preferiblemente, a través da aplicación Teams).
Ademais, se fose preciso, estas titorías poderanse realizar fóra do horario oficial de titorías, de luns a venres, entre as 09:00 e as 19:00 h., especialmente, no caso do alumnado con dedicación parcial ou que presente dificultades para conciliar o estudo coa vida persoal e/ou laboral. Levaranse a cabo mediante a solicitude previa do estudantado interesado, ou a petición do profesorado da materia se o considera necesario, sendo programadas nun horario consensuado co equipo docente, que non interfira en ningún caso coa asistencia e participación do alumnado nas restantes materias do título en que estea matriculado.
Tamén se brindará atención personalizada mediante o correo electrónico, e a través dos foros ou a opción de mensaxe privada do Campus Virtual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes