Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (semipresencial)
 Asignaturas
  Investigación en Ocupación Humana e as Múltiples Diversidades
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 C1 C7 C9 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais y sintácticos), a integración e aplicación de conceptos e procedementos abordados na materia, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 50
Presentación oral B2 B4 B11 C1 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de comunicación oral do alumnado, a capacidade de análise e de síntese, e a argumentación ofrecida nas súas intervencións. 20
Análise de fontes documentais B2 B4 B5 B8 B10 B12 C1 C2 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais e sintácticos), a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos abordados na materia, a capacidade de análise e de síntese, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, e a actitude crítica e reflexiva. 30
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran a continuación.

Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, e entregar todos os traballos solicitados. Ademais, deberá acadar unha nota global mínima de 5 puntos, e ter superada, como mínimo, a metodoloxía de Investigación (Proxecto de investigación), para o cal é preciso obter unha cualificación mínima do 50% da nota máxima (2,5 sobre 5 puntos). En caso contrario, non se sumarán nin serán tidas en conta as notas das restantes metodoloxías (Análise de fontes documentais e Presentación oral), e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa (Investigación).

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro), a/o estudante deberá repetir na segunda oportunidade (xullo) a entrega do(s) traballo(s) suspenso(s) ou non entregado(s).

Segundo a Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello de Goberno do 4 de maio de 2017), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, terá dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible.

A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de suspenso (nota numérica '0') na convocatoria en que se cometa a falta, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

Así mesmo, a docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes