Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (a distancia)
 Asignaturas
  Investigación Cualitativa en Investigación Clínica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual A1 A3 A5 B8 B3 B4 B10 C7 Participación no foro virtual mediante un proceso de avaliación continua 10
Portafolios do alumno A1 A3 A4 B1 B8 B4 B10 C7 C4 Cada estudante terá que elaborar de xeito individual un portfolio que recolla evidencias do proceso de aprendizaxe. As seccións do portfolio serán establecidas polo profesorado. 20
Traballos tutelados A1 A3 A4 A5 B1 B8 B3 B4 B7 B9 B10 C7 C4 C8 C9 Avaliación dos exercicios entregados e do traballo final onde se demostre o dominio teórico-metodolóxico da materia 70
 
Observacións avaliación

MATRICULA PARCIAL  E DISPENSA ACADÉMICA.

Poderán realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para
a PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou unha proba obxectiva final sendo necesario acadar 5
puntos para superar a materia.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS.



Poderán realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para
a PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou unha proba obxectiva final sendo necesario acadar 5
puntos para superar a materia.

OPORTUNIDADE ADIANTADA.



A avaliación consistirá en unha proba obxectiva sendo necesario
acadar 5 puntos para superar a materia.

MATRICULA DE HONRA.



 Poderá outorgarse ás puntuacions máis elevadas superiores a
9.

PLAXIO 

En caso de plaxio, aplicarase o seguinte: 

  • Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS OU ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade.

.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes