Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (a distancia)
 Asignaturas
  Comunicación Científica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C7 Actividade final que reflicte o dominio teórico e metodolóxico da materia. 100
 
Observacións avaliación

A avaliación final da materia consistirá na suma da valoración dos
traballos elaborados en cada parte da materia, coa seguinte ponderación máxima
respecto á nota final:

a. Temas 1 e 2: 50%.

b. Tema 3: 50%.

Para poder aprobar a materia, será requisito indispensable cumprir
coas seguintes premisas:

b. Que a suma da nota das dúas partes sexa igual ou superior a
5.0.

a. Que en cada parte se obteña polo menos un 4,0 sobre 10.

PLAXIO

En caso de
plaxio, aplicarase o seguinte:

  • Cualificación de suspenso na
    convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
    materia en que se cometese: o/a estudante será
    cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
    correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta
    se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
    procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
    oportunidade, se fose necesario.

REALIZACIÓN
FRAUDULENTA DAS PROBAS OU ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se
cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas
figurará un non presentado nesta oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes