Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (a distancia)
 Asignaturas
  Ensaios Clínicos: Aspectos Metodolóxicos e Ético-Xurídicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva Proba obxectiva con preguntas tipo test sobre os contidos desenvoltos no bloque de Aspectos metodolóxicos dos ensaios clínicos 25
Traballos tutelados Actividade práctica onde se reflicte o dominio teórico e metodolóxico da materia. 75
 
Observacións avaliación

Sistema de avaliación

A materia estrutúrase en dous bloques
independentes, Bloque 1 (que corresponde ao Tema 1. Aspectos
metodolóxicos dos ensaios clínicos) e
Bloque 2 (correspondente ao Tema 2. Aspectos
ético-xurídicos de los ensaios clínicos). 
Os bloques son independentes, de maneira que a nota dun deles non afecta á nota
do outro. 

Para aprobar a materia é preciso superar,
de maneira independente, cada un dos dous bloques. Nese caso, a cualificación
final será a suma ponderada das notas de cada un dos dous bloques. No caso de
non ter superado algún dos bloques, a cualificación que figurará na acta será a de a parte suspensa.

Para obter a cualificación de NP (Non
Presentado), o/a alumno/a non poderá ter participado en ningunha das
actividades/metodoloxías de avaliación propostas en cualqueira dos dous bloques. 

O sistema de avaliación descrito é
aplicable ó alumnado en 1ª e 2ª oportunidade. No caso do alumnado de segunda
convocatoria e sucesivas, non se conservarán as cualificacións dos bloques
obtidas en cursos anteriores. 

Bloque I (Tema 1. Aspectos metodolóxicos
dos ensaios clínicos)
:

A puntuación máxima total deste bloque
será de 5 puntos (sobre 10). Constará de dúas partes:


  • Unha parte que se obterá da entrega dun traballo práctico proposto (Traballo tutelado), en relación cos
    contidos desenvoltos nesta parte da materia (2.5 puntos sobre 10)

  • Unha parte que se obterá da calificación obtida nas probas obxectivas (2.5 sobre 10), realizadas de forma online, que se programen en relación cos
    contidos desenvolvidos nesta bloque da materia.

Bloque II (Tema 2. Aspectos
ético-xurídicos de los ensaios clínicos). 
 

A puntuación máxima total deste bloque será de 5
puntos (sobre 10). O sistema de avaliación será o traballo tutelado.

 

Convocatoria adiantada

Os criterios son os establecidos nas
"Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario", artigo 19. 

Matrícula de honra

Poderán optar á matrícula de honra os
alumnos cuxa media supere o 9. O profesorado da materia poderá considerar
criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das
accións formativas programadas na guía docente.

Fraude

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Todas as observacións previas son
aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes