Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre van contabilizarse para a nota final.
O conxunto de prácticas (Obradoiro e traballo tutelado) asistencia e participación suporán o 60% da cualificación, o exame final o 40%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado.
As prácticas doobradoiro e o traballo tutelado realizaranse ao longo do cuadrimestre. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. Para aprobar amateria é necesario aprobar tanto a parte práctica (traballos e prácticas) comoo exame.
Aqueles/as alumnos/asque se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non seacollan á avaliación continua presencial), deberán pórse en contacto coaprofesora ao inicio do curso. A súa avaliación basearase nun traballo empírico individual sobre untema relacionado coa materia (30% da nota), un traballo individual sobre unlibro ou unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na dataoficial estipulada pola UDC (40% da nota).
Para aprobar amateria é necesario aprobar tanto os traballos tutelados e prácticas (60%) como o exame (40%)
Gardaranse as notasdos traballos e das prácticas para a segunda oportunidade.
Os materiasutilizados nas sesións, presentacións, audiovisuais, lecturas e prácticastamén serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a través daplataforma Moodle.
Na medida do posíbel, os traballos e prácticas entregaranse en formato dixital a través da plataformaMoodle, sen necesidade de imprimilos.
- No caso de detectarse plaxio, o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.