Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional para a autonomía persoal en persoas maiores
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A7 A8 A9 A10 A13 A14 A15 A16 A18 A20 A23 A24 A26 A29 B3 B4 B8 B9 B24 C4 Valorarase tanto o proceso de traballo coma o resultado e a súa presentación (oral e/ou escrita). Terase en conta a evolución do alumnado durante o traballo, a xestión da información e interrogantes xurdidos, o traballo en grupo (nos casos que corresponda) así coma a integración das competencias da materia e a reflexión sobre todo o proceso de traballo.

En canto o contido valorarase que o caso sexa coherente co proceso de Terapia Ocupacional nun contexto concreto, articulando as especificidades da/s persoa/o / poboación, as súas ocupacións e contornas, é dicir, mantendo o foco no desempeño ocupacional. Para iso, terase en conta a aplicación coherente dos modelos de práctica de Terapia Ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humanae o Modelo Kawa.
Finalmente na presentación (oral e/ou escrita) valorarase a argumentación, reflexión e defensa do traballo realizado así coma a capacidade de expresión escrita (erros gramáticos e ortográficos valoraranse negativamente) e/ou oral (comunicación verbal e non verbal dacordo ó foro).

A avaliación desta metodoloxía contemplará tamén o traballo realizado polo estudante nas actividades de Aprendizaxe - Servizo.

- Estudo de caso teórico (15 puntos): traballado nos laboratorios para ter un seguemento coas docentes da materia.

- Estudo de caso dun caso real (15 puntos): consiste na aplicación do proceso de terapia ocupacional sobre a historia de vida dunha persoa maior cercana ao estudante.
30
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A20 A26 A29 B3 B9 B23 B24 C7 É importante resaltar que a asistencia é obrigatoria, e só se pode faltar a unha sesión de forma xustificada. O/a estudante deberá remitir as docentes da materia, o xustificante da falta. A ausencia de comunicación coas docentes suporá o suspenso da metodoloxía.

- Actitude e a participación (10 puntos): actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas e co desenvolvemento xeral do laboratorio); participación: (interacción empática, proactiva, analítica e constructiva); Respecto (ós participantes do grupo, docentes e normas de funcionamiento do laboratorio); Responsabilidade (consigo mismo/a e/ou co grupo, tanto na preparación dos traballos realizados durante o laboratorio como no proceso de ensinanza-aprendizaxe).

- Roll-playing (10 puntos): baseado na intervención do estudo de caso teórico e traballado nos laboratorios.

- Podcast (10 puntos): sobre o rol da terapia ocupacional en diferentes ámbitos de actuación con persoas maiores.


30
Proba mixta A6 A7 A8 A13 A14 A20 A24 B12 B24 C4 C7 Valoraránse os coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os errores gramaticas e ortográficos), e a integración de conceptos.

É materia de exame todo o contido impartido nas sesións maxistrais, coma nas prácticas de laboratorio.
40
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art.º 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).

Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado como “Non presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que o estudante ten por materia.

Con carácter xeral, a avaliación das materias será continua ao longo do curso, sen prexuízo do indicado nas memorias de verificación da titulación. A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación. Como norma xeral incluirase unha actividade de avaliación para realizar nas datas establecidas no calendario académico oficial. Esta actividade tamén poderá establecerse como proba global de avaliación dos resultados de aprendizaxe ou, no seu caso, formar parte do proceso de avaliación continua. As guías docentes deberán establecer a ponderación das distintas actividades de avaliación e, no seu caso, da proba global, no marco que o centro puider establecer.

Se valorará a puntualidade e a asistencia obligatoria a todas las horas presenciales das metodoloxías establecidas na materia.

Para aprobar a materia, o alumno debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e ter superadas cada una das metodoloxías que conforman a asignatura. Ademais, será necesario ter unha calificación mínima de 2.5 (sobre 5) puntos na proba mixta, e só se terán en conta para a calificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumna/a acada dita puntuación na proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na proba mixta. As notas obtindas no resto de metodoloxías serán tidas en conta para a súa calificación na segunda oportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a proba mixta.

Segundo a norma que regula o réxime de dedicacón ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación do estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa.

Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias".

Dacordo coa Normativa Disciplinar do estudantado da Universidade da Coruña, Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023 e modificado no seuartigo 11.4.b polo Consello de Goberno de 28/06/2023, de detectarse plaxio nos traballos dos estudantes,sendo considerado unha falta grave, a cualificación na convocatoria será de suspenso con valor numérico de 0.

Asemade, a docente responsable reserva a posibilidade de realizar algún cambio na avalación ou noutros aspectos damateria, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes