Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas VII
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estancias Prácticas I/653G01110
Estancias Prácticas II/653G01210
Estancias Prácticas III/653G01211
Estancias Prácticas IV/653G01304
Estancias Prácticas V/653G01307
Estancias Prácticas VI/653G01311
Estancias Prácticas VII/653G01404

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 y 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)" os traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2. Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

1.3. De se realizar en papel:

1.3.1. No se empregarán plásticos.

1.3.2. Realizaranse impresións a dobre cara.

1.3.3. Empregarase papel reciclado.

1.3.4. Evitarase a impresión de borradores.

2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.


3.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.

4.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos.

5.-Como en todas as edicións anteriores, para a correcta planificación das Estadias Prácticas VII, realizaranse, de forma previa ó comezo da materia (segundo o calendario oficial), varias reunións de coordinación académica:

- Actividades iniciais: Establecemento de grupos de prácticas e elaboración de rotatorios: Reunión da coordinadora da materia cos/as alumnos/as matriculados/as para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes.

-Coordinación da docencia: Encontro entre a coordinadora da materia e os/as profesores/as e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, previo ó inicio e despois da finalización das mesmas.

- Reunión de coordinación académica e administrativa coa Coordinadora da Titulación e secretaria do decanato.

5.- Normas mínimas:Os/as alumnos/as deberán cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ós/ás usuarios/as, profesionais e instalacións do recurso de prácticas. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estadías prácticas. 

6. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

7. Segundo se recolle nas competencias transversais aprobadas no Consello de Goberno de Maio de 2017 deberase incluir na medida das posibilidades contenidos que incluan perspectivas de vida saudable, desenvolvemento sostible e dereitos humanos. 

8. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas,…).

9. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

10. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero ou de outra índole e proporanse acción e medidas para corrixilas.

11. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, teñan necesidades para un acceso axeitado, inclusivo e proveitoso á vida universitaria. 

12. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas ao redor dos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes