Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación Social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A31 A26 B2 B3 B4 B14 C3 C1 Para os alumnos que realicen a avaliación continua:
- Ao longo do cuadrimestre realizaranse probas obxectivas de cada un dos temas, que serán anunciadas a través de Moodle coa suficiente antelación.
-A nota final da metodoloxía proba obxectiva obterase sumando a nota de cada unha das probas obxectivas e dividíndoa entre o número de temas da disciplina.

Para os alumnos que non realicen a avaliación continua consultar no punto "Observacións de avaliación" as CARACTERÍSTICAS DA PROBA OBXECTIVA FINAL.
40
Sesión maxistral A26 A18 B14 B2 C6 Valoración obxectiva do grao de participación activa e positiva dos alumnos ás sesións expositivas a través de diferentes ferramentas propostas pola profesora. Aquel alumno que teña máis de tres (3) faltas sen xustificar non se considerará que está a realizar o seguimento da materia na modalidade de avaliación continua. No caso de que a falta ás sesións sexa xustificada debidamente, valorarase como media asistencia. 10
Obradoiro A25 A31 A35 B1 B3 B4 B9 B15 C3 C8 Valoración das lecturas críticas, comentarios, discusións dirixidas, exposicións, traballos e participación activa e positiva, que os alumnos deben realizar no tempo establecido (individualmente ou en grupo) e subir a Moodle no tempo e no espazo habilitado, seguindo as instrucións da profesora. Cada un dos exercicios terá unha valoración segundo o criterio que estableza a profesora, que seralles comunicado ós alumnos. 50
 
Observacións avaliación

AVISO IMPORTANTE:

Para o alumnado que realice avaliación continua, a cualificación final será o resultado da suma das cualificacións obtidas en cada unha das metodoloxías (proba obxectiva, obradoiro e sesión maxistral). Se esta suma non alcanza o cinco (5), o alumno estará suspenso na primeira oportunidade e terá que presentarse a unha PROBA OBXECTIVA FINAL na segunda oportunidade que constará dunha parte teórica e unha práctica (ver máis abaixo características desta proba).

ACLARACIÓN IMPORTANTE PARA PODER TER ACCESO Á AVALIACIÓN CONTINUA:
Para poder ter acceso á avaliación continua é requisito indispensable a asistencia ás clases da disciplina, actuando con interruptor para a avaliación a ausencia a máis de tres clases sen xustificación.
Para o control de asistencia utilizaranse os medios ó alcance do profesorado e do alumnado. No caso de non consegui-lo acceso á avaliación continua, o alumno pasará
é realizar a avaliación da disciplina mediante unha PROBA OBXECTIVA FINAL, cun peso de 100% da cualificación, coas características sinaladas para esta proba que se detallan máis abaixo.

ALUMNADO CON DISPENSA DE DOCENCIA: o alumnado que teña a dispensa de docencia concedida deberá elixir unha das dúas opcións expostas a seguir:

1ª OPCIÓN: Poderá realizar o seguimento da disciplina como se de avaliación continua se tratase, pero adaptando a porcentaxe do peso de cualificación de cada metodoloxía e o prazo de entrega. Para poder acollerse a este tipo de avaliación, e adaptar os operiodos de entrega e a avaliación das distintas probas/metodoloxías, é imprescindible poñerse en contacto coa profesora. A comunicación farase de maneira presencial ou vía mail a maria.romani@udc.es e se non reciben resposta da profesora no prazo de tres días hábiles, deberanse comunicar coa administración do centro para que se poña en contacto coa docente. Esta comunicación deberase realizar dentro dos 10 primeiros días hábiles de inicio do curso ou, en caso de solicitar a dispensa ao longo do curso, o día en que realice o trámite. De non cumprir este requisito, o alumno terá que realizar unha PROBA OBXECTIVA FINAL, coas características que se detallan para ela. 

2ª OPCIÓN: Realizar unha PROBA OBXECTIVA FINAL por valor do 100% da cualificación, tendo que acadar o 5 para obter o aprobado. En caso de non comunicarse coa docente tal e como se establece no punto anterior, considerarase que o alumno opta pola 2ª opción, é dicir, pola realización dunha PROBA OBXECTIVA FINAL, coas características que se detallan para ela.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Aquel alumnado que non alcanzase o cinco (5) ou que figure como "non presentado" na primeira oportunidade, terá que realizar unha PROBA OBXECTIVA FINAL na segunda oportunidade, coas características que se detallan para ela.

CARACTERÍSTICAS DA PROBA OBXECTIVA FINAL:

1.             Constará dunha parte teórica e outra práctica.
2.             A realización da parte teórica realizarase na data e hora sinaladas no calendario oficial de exames. O seu peso será do 50% da cualificación (5 puntos).
3.             A realización da parte práctica realizarase na data sinalada no calendario oficial, pero de maneira individual, polo que será imprescindible concerta-la hora coa profesora (enviando un mail a maria.romani@udc.es) para realizala nun horario que faga factible a realización individual desta parte a tódolos alumnos. A profesora exporá unha listaxe en Moodle coa orde de realización e a hora aproximada. O seu peso será do 50% da cualificación (5 puntos).
4.             A cualificación final será a suma da parte teórica e da parte práctica e o alumno terá que alcanzar o cinco (5) para superar a disciplina.

CASOS ESPECÍFICOS:

As adaptacións curriculares para estudiantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola comisión de docencia do centro, logo de informe do PAT.










Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes