Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Dereito da Seguridade Social II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Resolución dos diferentes casos prácticos propostos polo docente. Será necesario superar a proba obxectiva (alomenos obter una puntuación dun 5 sobre 10) para poder sumar esta puntuación. 10
Seminario Resolución dos diferentes casos prácticos propostos polo docente. Será necesario superar a proba obxectiva (alomenos obter una puntuación dun 5 sobre 10) para poder sumar esta puntuación. 30
Proba obxectiva Proba escrita sobre o temario da asignatura que valorará unha parte teórica e outra de resolución de supostos prácticos. 50
Sesión maxistral Valoración obsectiva da asistencia e participación activa dos estudantes nas sesións a través de diferentes ferramentas propostas polo profesor. Será necesario superar a proba obxectiva para sumar esta puntuación. 10
 
Observacións avaliación

1.- AVALIACIÓN CONTINUA. 

REQUISITO ASISTENCIA: Para poder ter
acceso á Avaliación Continua é requisito indispensable a asistencia ás clases
da materia, actuando como interruptor para a avaliación a ausencia  a máis
de 3 clases sen xustificación. Para o control de asistencia utilizaranse os
medios ao dispor do profesorado e do alumnado e, especialmente, o  sistema
establecido no moodle. O estudante con todo poderá presentarse á proba obxectiva
na data prevista.

 Avaliación 1a Oportunidade. 

No desenvolvemento da parte
práctica 
(traballo/proxecto en equipo) (40% nota) serán avaliados:
aplicación das bases teóricas, calidade de presentación, precisión e claridade
de exposición e calidade das respostas, fontes primarias e secundarias usadas e
revisión bibliográfica. Para a avaliación da parte teórica recurrirase
a un exame tipo test/preguntas teorícas e caso práctico, no que será preciso obter a metade da puntuación da parte teórica e práctica para superar o examen.  Os puntos obtidos netos
trasladanse a unha nota en escala 0-10. 

 O proceso de avalaición de 2a oportunidade é
exactamente o mesmo que para a 1a oportunidade: gárdase a nota práctica (obtida
no traballo/proxecto) e o estudante fará un novo exame de idénticas
características ás descritas anteriormente.

 En caso de convocatoria
extraordinaria
, a avaliación será únicamente mediante proba obxectiva. Os puntos
netos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.

 Considerarase como “Non
presentado” (NP)
 aquel estudante que, estando matriculado, non
concorrese ás distintas actividades de avaliación (continua/practica e/ou
exame/test) que se establezan para o curso académico.

2.- DEDICACIÓN A TEMPO PARICAL E DISPENSA ACADÉMICA (exención de asistencia): 

No caso dos estudantes con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que desexen seguir a avalización continua empregaránse as plataformas Moodle e MS Teams, así como o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación. Igualmente os estudantes de dispensar poderán concorrer únicamente a proba obxectiva final. 

3. ESTUDANTES CON  DIVERSIDADE, DIFICULTADE OU NECESIDADES ESPECIAIS. Neste caso solicitarase un informe o servizo de orientación para adaptar no que sexa precisa o proceso de aprendizaxe e a avaliación.

4.- PLAXIO/COPIA. A realización fraudulenta das probas ou actividades
de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia
na correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida
en todas as actividades de avaliación da convocatoria ordinaria ou extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes