A aplicación das
porcentaxes na avaliación final quedará suxeita a que todas as metodoloxías que
computen na avaliación sexan superadas. A asistencia a clase será considerada
un valor positivo na avaliación sempre que supere o 85% do total de horas presenciais.
Na presentación da materia informarase en detalle dos criterios de avaliación.
2ª oportunidade: os criterios de avaliación da 2ª oportunidade (xullo)
serán os mesmos que os da primeira oportunidade (maio/xuño). A proba mixta e de
estudo de casos realizarase coincidindo coa data oficial do exame da materia da
2ª oportunidade. O traballo tutelado deberá realizarse de forma individual e a
data de entrega establecerase no período de avaliación da 2ª
oportunidade.
Adianto de oportunidade: Proba mixta 100%. Inclúe preguntas relativas o
desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e resolución de estudo de
casos.
Estudantes con matrícula parcial: As metodoloxías e porcentaxes serán as
mesmas. Na metodoloxía de estudo de casos, os estudantes deberán realizar a
entrega da resolución dos casos propostos e as probas escritas presenciais
durante o curso. O traballo tutelado desenvolverase de xeito individual ou
grupal, segundo o acordo co/a estudante.
A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: a/o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose preciso.