Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Patrimonio Cultural
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A asistencia á clase maxistral é obligatoria. Pode ofrecerse a través de TEAMS en directo (quedará gravada na plataforma) ou a través de vídeos expositivos.
Proba mixta Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico.

A proba será idéntica que a do alumnado presencial.
Foro virtual Espazo de discusión informal destinado ao alumnado para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona. É obrigatorio participar alomenos dúas veces en cada foro proposto.
Estudo de casos Estudo e análise de casos reais, para chegar a conclusións razoadas a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo ou de xeito individual.
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo tutelado relacionado coa materia explicada de xeito individual ou en grupo.
O profesorado indicará as pautas concretas sobre o traballo ao inicio do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes