Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Patrimonio Cultural e Museoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A8 A10 B1 B2 B4 C1 C2 C3 Discusión e debate sobre conservación de bens culturais a partir de varios casos concretos 25
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 B8 B12 C1 C2 C4 C5 C10 Traballo en grupo sobre un caso concreto 20
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 B5 B6 B7 B8 C1 C2 C3 C9 Analizar textos fundamentais sobre patrimonio e museos 25
Estudo de casos A8 A10 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 Estudiar in situ casos prácticos de xestión de museos 30
 
Observacións avaliación

Aqueles/as alumnos /as que teñan algún tipo de excepcionalidade para vir a clase legalmente concedida, que falen co/a pofesor/a á comezos de curso para establecer as titorías e os sistemas de avaliación correspondentes.

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación.


Avaliarase toda proba realizada individualmente ou en grupo tanto  na aula e fora.

Cada parte da avaliación deberá superar o 50% da nota para poder facer o cómputo final


As probas non realizadas puntúan como cero.


A calificación de "no presentado" corresponde ao alumnado que non  participase en ningunha proba da avaliación.

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes