Sesión maxistral |
Sesións expositivas onde se imparten os coñecementos vinculados cos edificios de emisións nulas: encadre histórico, clima, tipoloxías, materiais, normativa, concepción, deseño, seguridade, valoración, prescrición, conservación, lesións e reparación. Todo iso partindo das prestacións demandas e acorde co proxecto arquitectónico
Achegando unha documentación de referencia que permita que o alumno se dote duns recursos bibliográficos cos que se manexe con comodidade, non se busca un coñecemento memorístico dos contidos, senón un coñecemento intelixente da materia. Coñecemento no cal o ensino da lesión e erros cometidos en distintas obras xoga un aspecto fundamental, sobre todo, cando é posible acompañalas con imaxes que, polo seu valor didáctico, permiten que o alumno valore a transcendencia das decisións tomadas. Valórase mediante unha proba obxectiva e varias de respostas múltiples
|
Estudo de casos |
No desenvolvemento das clases exporanse edificios de emisións nulas de calidade arquitectónica contrastada nas cales se aprecie a materialización das ideas arquitectónicas, o seu desenvolvemento técnico e documental, servindo como modelo para o desenvolvemento do traballo de taller. Avaliarase dentro do Taller |