Guía DocenteCurso Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol |
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica |
Asignaturas |
Ecuacións diferenciais |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Ecuacións diferenciais | Código | 730G05011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A1 B2 B3 B5 B6 C4 C7 | Probas escritas que son utilizadas para a avaliación da aprendizaxe. As probas constarán de dúas partes e a nota final para esta metodoloxia será a suma das notas obtidas en cada unha de elas. 1) A avaliación da primeira parte realizarase no periodo de docencia mediante probas de evaluación continua e faranse, previsiblemente, en base ós contidos dos temas 1, 2, e 3. Esta parte será eliminatoria (no caso de superala, a nota gardarase para o presente curso ata a 2ª oportunidade) e recuperable. 2) A segunda parte realizarase no periodo usual de exames finais en xaneiro, xunto cunha recuperación para aqueles que non aprobaran a primeira parte no parcial. No caso de aprobar algunha das dúas partes, ben sexa no parcial ou no exame final de xaneiro, o aprobado conservarase para o presente curso, ata a celebración do exame de 2ª oportunidade. |
80 |
Traballos tutelados | A1 B2 B3 B5 B6 | Consistirá en elaborar un traballo a partir da información da que se disporá no curso Moodle da asignatura; a exposición do mesmo será en horario de tutoría ante os docentes da asignatura. | 20 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación realizase ao longo do curso e nos exames oficiais. Traballo tutelado. Os contidos deste traballo, anunciaranse nas primeiras semanas do curso; entregaráse a través de Moodle, e avaliarase cunha defensa durante o período lectivo da materia. A nota desta proba, comprendida entre 0 e 20 puntos, será denominada NTT. Os criterios de avaliación da segunda oportunidade son os mesmos que os da convocatoria ordinaria da primeira oportunidade. O alumnado con dispensa académica para asistir ás clases que non participe na avaliación continua será calificado mediante unha proba mixta específica que realizará o día fixado no calendario de exames. Na convocatoria adiantada, o alumnado será cualificado mediante unha proba mixta que abarca todos os contidos da materia. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. |
|