Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
 Asignaturas
  Deseño e Desenvolvemento do Produto
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Deseño Avanzado para Impresión 3D/731550010

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente

Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.

Para axudar a acadar un entorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen en esta materia:

· Solicitaránse en formato virtual e/ou en soporte informático

· Realizarase a traverso de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

· En caso de ser necesario realizalos en papel:

o Non se emplearán plásticos

o Realizaranse impresións a dobre cara.

o Emplearase se papel reciclado.

o Evitarase a impresión de borradores

Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

Recomendacións sobre Igualdade de Xénero e respeto á diversidade

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). 

-Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

-Detectaránse situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 

-Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes