Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
 Asignaturas
  Aplicacións en Enxeñaría Biomédica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O profesorado realiza a presentación do curso: contidos, organización, metodoloxías empregadas, cronograma e sistema de avaliación.
Realízase a descrición dos proxectos a desenvolver polo alumnado, así como as condicións de realización.
Explícase o sistema de titorías e apoio de que dispón o alumnado.
Sesión maxistral O profesorado presentará e explicará os contidos fundamentais da materia, fomentando a
participación activa do alumnado. O material empregado nas presentacións estará a disposición
do alumnado con anterioridade na plataforma Moovi. Poderán realizarse actividades manipulativas
na aula
Prácticas a través de TIC Desenvolveranse en aula informática. Prácticas nas que o profesorado guía ao alumnado na
utilización das plataformas e programas de deseño, modelado e simulación, así como o programa CESEDUPACK para a selección de materiais.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación práctica dos coñecementos adquiridos nas sesións teóricas. Desenvólvense en laboratorio con equipamento especializado e de acordo coas normas aplicables.
Nestas actividades, o profesorado guiará ao alumno na utilización dos equipos e das técnicas que deberá utilizar no desenvolvemento do proxecto, como as tecnoloxías de FA, as de
mecanizado e metroloxía; caracterización mecánica, térmica e microestructural
Traballos tutelados Este traballo tutelado ou proxecto supón a aplicación directa dos coñecementos adquiridos e permitirá o desenvolvemento das necesarias habilidades prácticas de integración.
O profesorado proporá diversos produtos biomédicos sinxelos para que os/os alumnos/alumnas (de forma individual ou por grupos reducidos, dependendo do número) leven a cabo o proceso completo de análise de requisitos, deseño, selección de material, fabricación e caracterización. Para iso, o alumnado contará cos medios do centro e o apoio do profesorado.
Proba obxectiva Nas datas previstas polo centro realizarase unha proba escrita. Neste exame avaliarase o coñecemento que o alumnado adquiriu dos conceptos presentados nas clases de teoría, a través de preguntas curtas, exercicios, etc.
Presentación oral Presentación oral na que cada alumno (ou pequeno grupo, dependendo do número de alumnos) presenta e defende ante o profesor e os seus compañeiros
o proxecto levado a cabo. O alumno deberá explicar os pasos seguidos en cada unha das etapas de desenvolvemento do proxecto, demostrando os coñecementos e habilidades adquiridas. Ao finalizar da exposición, deberá
responder as preguntas formuladas polo profesorado e o resto do alumnado.
Esta exposición e defensa será avaliada de acordo cunha rúbrica previamente publicada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes