Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
 Asignaturas
  Aplicacións en Enerxía e Sustentabilidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na sesión maxistral o profesorado, exporá na aula os principais conceptos de cada tema dos que
consta a materia. Para isto apoiarase nos medios técnicos dispoñibles: presentacións en
powerpoint, videos, etc.
Prácticas de laboratorio A maior parte da docencia interactiva realizarase durante ás prácticas de laboratorio. Nelas o
alumnado dividido en grupos reducidos, poderán ver a aplicación dos principais conceptos teóricos
revisados na aula anteriormente. Estas clases poderán constar de videos interactivos, onde
deberán traballar sobre os contidos do mesmo; prácticas de procesado, conferencias, etc
Traballos tutelados Traballo tutelado: Coma parte avaliable da materia, o alumnado fará un ou dous traballos. A idea é
que o/a estudante correlacione os conceptos vistos na materia de forma práctica nun suposto real,
que aprenda a consultar fontes bibliográficas especializadas, que aprenda a traballar en grupo,
linguaxe técnica, linguaxe inclusiva, etc
Presentación oral O alumnado fará unha breve exposición oral ao resto da clase.
Discusión dirixida O debate iniciarase mediante a apertura por parte do profesor, seguida dunha sesión de preguntas
relacionada co tema exposto
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes