Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
 Asignaturas
  Aplicacións en Enerxía e Sustentabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A11 B1 B4 B6 B8 Valorarase a calidade da memoria presentada. 40
Presentación oral A9 A11 B1 B4 B6 B8 Durante a exposición, demostrarán o coñecemento adquirido e a súa
capacidade de comunicación ao explicar de maneira clara e concisa os
aspectos relevantes do seu traballo
30
Discusión dirixida A9 A11 B1 B4 B6 B8 Realizaranse preguntas relacionadas co tema, ás cales deberán responder
de forma precisa e fundamentada, demostrando a súa comprensión
profunda do tema e a súa capacidade para aplicar os conceptos
aprendidos.
30
 
Observacións avaliación
No caso de que o/a
estudante cometese unha falta na materia (segundo o
Regulamento disciplinar do estudantado): o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou
por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de
maneira presencial, deben ser comunicadas ao inicio do cuadrimestre
e xustificalas axeitadamente. Darase as instruccións oportunas para
que o/a estudante siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías
presenciais por traballos individuais ca mesma puntuación.

Os criterios de avaliación serán idénticos nas duas oportunidades
da convocatoria (a de Xaneiro e a de Xullo) e tamén na convocatoria adiantada de decembro. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes