Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
 Asignaturas
  Traballo Fin de Máster
   Contidos
Temas Subtemas
Proxectos clásicos de enxeñaría no ámbito da Fabricación Aditiva Poden versar, por exemplo, sobre o deseño e mesmo a fabricación dun prototipo, a enxeñaría dunha instalación de produción, ou a implantación dun sistema no campo da fabricación aditiva. Polo xeral, neles desenvólvese sempre a parte documental da memoria (cos seus apartados de cálculos, especificacións, estudos de viabilidade, seguridade, etc. que se precisen en cada caso), planos, prego de condicións e orzamento e, nalgúns casos, tamén se contempla os estudos propios da fase de execución material do proxecto.
Estudos técnicos, organizativos e económicos sobre a aplicación e beneficios de la FA. Consistentes na realización de estudos relativos a equipos, sistemas, servizos, etc., relacionados cos campos propios da titulación, que traten un ou máis aspectos relativos ao deseño, planificación, produción, xestión, explotación e calquera outro propio do campo da fabricación aditiva, relacionando cando cumpra alternativas técnicas con avaliacións económicas e discusión e valoración dos resultados.
Traballos teórico-experimentais relacionados coa Fabricación aditiva De natureza teórica, computacional ou experimental, que constitúan unha contribución á técnica no campo da fabricación aditiva incluíndo, cando cumpra, avaliación económica e discusión e valoración dos resultados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes