A avaliación descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todo
o alumnado con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (febrero).
Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de
avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumnado pode elixir o
sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (Entregando
nun prazo que se anunciará no Campus Virtual as actividades académicas
deseñadas para o curso que computan na avaliación) ou a avaliación
mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO
FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para
a realización do exame. O alumnado con matrícula a tempo parcial y/o con dispensa académica pode acollerse a este último sistema de
avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da
nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO
TEMPO PARCIAL) e adiantada (ITINERARIO ADIANTADA).
Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira e Segunda oportunidade):
1.- Proba mixta obrigatoria con nota superior a 4 puntos 60%
2.- Sesións maxistrais 10%
3.- Traballo tutelado 15%
4.- Obradoiro 15%
Avaliación
ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA
(aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con
matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para
alumnado con matrícula a tempo parcial y/o con dispensa académica):
1.- Proba mixta 100%
A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumnado será a mesma que para primeira matrícula.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.