Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Bases para a interpretación do coñecemento científico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A19 A20 B1 B3 B8 B11 PROBA OBXETIVA individual na que se desenvolverán supostos prácticos mediante o uso de programas estatísticos-epidemiolóxicos. (nota máxima final da materia= 0.7 puntos) 7
Solución de problemas A19 A20 B8 C7 C11 C13 TRABALLO TUTELADO que corresponde á parte da materia de investigación cuantitativa (4 ECTS). Se realizarán probas de avaliación e boletíns de exercicios prácticos que se deben resolver de xeito individual mediante a aplicación dos coñecementos traballados (nota máxima final da materia= 2.1 puntos). Valorarase:
- A entrega da totalidade dos traballos propostos
- A adecuación das respostas proporcionadas
- A presentación e a claridade na descrición dos resultados
- A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema
No caso de detectar traballos ou respostas as preguntas coincidentes doutros ou coincidentes entre eles non se puntuarán.
21
Proba mixta A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 PROBA OBXETIVA:
Na parte correspondente á materia de investigación cuantitativa (4 ECTS) realizarase unha proba escrita (nota final máxima da materia 4.2 puntos) que poderá incluír preguntas de resposta múltiple e/ou resposta breve e/ou resolución de exercicios de análise estatística de datos e interpretación de resultados, sobre os contidos desenvolvidos na materia

Na parte correspondente á materia de investigación cualitativa (2 ECTS) realizarase unha proba final que terá unha puntuación máxima de 7 puntos sobre 10 puntos (nota final máxima da materia 2 puntos). Será necesario acadar unha calificación mínima de 3.5 puntos (sobre 7) na proba final para poder superar a materia.
62
Aprendizaxe colaborativa A18 B3 B8 B21 C13 APRENDIZAXE COLABORATIVA. Esta actividade corresponde á parte da materia de investigación cualitativa (2 ECTS) e a súa realización será de carácter obrigatorio. Consiste en realizar en grupos de 5 estudantes unha búsqueda de 2 artigos, un en castelán e outro en inglés, de investigación cualitativa, coa finalidade de levar a cabo unha análise metodolóxico dos artigos e unha posterior presentación na aula. Esta actividade terá unha puntuación máxima de 3 puntos sobre 10 puntos (nota final máxima da materia 1 punto). Será necesario acadar unha calificación mínima de 1.5 puntos (sobre 3) na actividade para poder superar a materia. 10
 
Observacións avaliación

NOTA IMPORTANTE:

A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico consta de 2 bloques:

  • METODOLOXÍA CUANTITATIVA (4 ECTs) 70% da nota final, Prof. Dra. Teresa Seoane Pillado e Prof. Dra. Sonia Pértega Díaz.

A puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos sobre 10.

- Proba mixta -> representará o 60% deste bloque. É imprescindible alcanzar polo menos a puntuación de 3 sobre 10 no exame para facer media cos outros compoñentes da avaliación deste bloque.
- Prácticas a través de TICs -> representará o 10% da nota deste bloque.
Solución de problemas -> representará o 30% da nota deste bloque.
  • METODOLOXÍA CUALITATIVA (2 ECTs) 30% da nota final, Prof. Dra. María Jesús Fernández Movilla (Coordinadora da materia).
1.     Proba mixta ->
representará o 70% de
este bloque. E imprescindible alcanzar ó menos unha puntuación de 3.5 sobre 7 no exame para facer media cos outros compoñentes da avaliación de este bloque.

2.    Traballo
tutelado 
 -> representará o 30% de este bloque. E imprescindible alcanzar ó menos unha
puntuación de 1.5 sobre 3 no traballo tutelado para facer media cos outros
compoñentes da avaliación de este bloque.
A puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos sobre
10

Para aprobar a materia é necesario superar cada unha das 2 partes individualmente. A nota final calcularase en función ao peso en créditos ECTS de cada unha das partes.

No caso de que non se supere unha das dúas partes da materia, a nota que figurará será a calificación obtida tras a ponderación de cada parte si é inferior a 5 puntos, noutro caso a nota será a obtida na parte suspensa. Na 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da misma convocatoria.

1ª MATRÍCULA (PRIMEIRA Y SEGUNDA OPORTUNIDADE):

Metodoloxía cuantitativa: A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/as alumnos/as de matrícula ordinaria en primeira e segunda oportunidade. En caso de non realizar algunha das actividades de avaliación continua (solución de problemas e prácticas a través de TICs), estas serán cualificadas con 0 puntos á hora de obter a nota final segundo as porcentaxes anteriores.

Poderanse ter en conta outros aspectos e criterios na avaliación das actividades que se realizarán: asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contenidos abordados, coñecementos demostrados nas probas e exames teóricos e prácticos e competencias referidas para esta asignatura.

Metodoloxía cualitativa: na primeira oportunidade, o alumnado de primeira matrícula deberá realizar o traballo tutelado e a proba final. Para superar esta parte da materia terá que aprobar o traballo tutelado e a proba final de forma independente. Na segunda oportunidade, ao alumnado de primeira matrícula que superase o traballo tutelado na primeira oportunidade, se lle manterá a nota do mesmo e poderá presentarse á proba final, na que deberá acadar unha calificación mínima de 5 puntos para superar esta parte da materia. Na segunda oportunidade, o alumnado de primeira matrícula que non superase o traballo tutelado na primeira oportunidade, poderá presentarse a unha proba final na que terá que obter unha calificación mínima de 5 puntos.

2ª MATRÍCULA E POSTERIORES. MATRÍCULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA:

Os/as estudantes poderán solicitar dispensa académica.

Os/as estudantes de matricula parcial ou dispensa académica de asistencia deberán poñerse en contacto coas profesoras ao inicio do curso.

Metodoloxía cuantitativa: o alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse ao sistema de avaliación establecido para primeira matrícula. De non facelo, poderá superar a materia únicamente mediante a avaliación do examen. Para iso, multiplicarase a nota do exame final por un factor corrector de 0,8 e o resultado será a calificación que figurará en acta. O/a alumno/a deberá comunicar as docente da materia que opta por esta opción de avaliación antes da oportunidade de xuño ou xullo.

Metodoloxía cualitativa: o alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse a unha das seguintes opcións de avaliación: 1) Realizar o traballo tutelado e a proba final, tendo que superar ambas actividades de forma independente, ou 2) Presentarse a unha proba obxectiva na que deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

Metodoloxía cuantitativa: os/as alumnos/as deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas na Xunta de Facultade. A puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos sobre 10. 

Metodoloxía cualitativa: a avaliación consistirá nunha proba obxectiva sendo necesario acadar 5 puntos sobre 10 para superar a materia.

MATRICULA DE HONRA:

Se outorgará ás puntuacións máis elevadas superiores a 9 obtidas unha vez ponderadas e sumadas as dúas partes da materia. As docentes da materia poderán considerar criterios adicionais en caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas. Os/as aspirantes poderán ser convocados/as a unha proba voluntaria obxectiva para asignar as matrículas de honra ás mellores calificacións.

NON PRESENTADO:

A calificación de Non Presentado corresponderá ao/á estudante que non realizase a proba mixta na parte de investigación cuantitativa e/ou que non realizase a proba final na parte de investigación cualitativa.

FRAUDE:

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

SICUE, ERASMUS e BILATERAL

O alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto coas docentes ao comezo das distintas partes da materia. Deberán realizar a avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados. O sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula ordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes