O sistema de avaliación para a 2ª oportunidade é o mesmo. En calquera caso o alumno terá a posibilidade de presentarse exclusivamente á proba obxectiva final, nas datas sinaladas pola Xunta de Centro, na que terá que responder a un cuestionario teórico práctico ou preguntas de resposta aberta (breve explicación, resumo, interpretación de datos, etc.) ou de ambos os tipos. A valoración neste caso da proba final será de 10 puntos. Se o alumno decide non acollerse ao sistema de avaliación/exclusiva mediante unha proba obxectiva final, o outro sistema permite deseñar o proceso de formación tendo como punto de partida o volume de traballo que o alumno deberá realizar para alcanzar os obxectivos propostos na materia, así como o traballo persoal que supón o estudo dos contidos do programa.
No caso dos estudantes con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderán acollerse a calqueira dos dous sistemas de avaliación anteriores: ponderación 65% exame, 35% problemas durante o desenvolvemento do cuadrimestre; ou ben 100% exame final.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario.