Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Informática Básica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 -Pedirase aos estudantes a entrega de prácticas a través de TIC.

-Cada práctica entregada valorarase sobre 10 puntos, e deberá acadar en cada unha delas unha puntuación superior ou igual a 4 puntos para superar a materia. (No caso de non entregar algunha das prácticas solicitadas esta computará con 0 puntos)

-Excepción: No caso de ter menos de 3 probas (2 probas presentadas) cunha calificación inferior a 4, o estudante poderá recuperar esa(s) proba(s) facendo a súa entrega a través da plataforma Moodle na data e da convocatoria oficial do exame.

100
 
Observacións avaliación

O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidas durante as sesións e no foro virtual.

Prácticas a través de TIC. A entrega das prácticas para a súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle e seguindo as indicacións dadas polo docente. No caso de non cumplirse as condicións de entrega valoraranse cunha calificación de 0 puntos.

Alumnado que se atope en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao equipo docente antes do 30 de setembro. Seguirá o mesmo sistema de avaliación (incluída a participación activa no foro virtual), acordando un calendario específico compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

Aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada.

Avaliación da segunda oportunidade. 

Desenvolveranse unha única proba a través de Moodle. O alumnado poderá ter que estar conectado mediante unha videoconferencia en Teams dende o inicio ata o final da proba (o estudante deberá demostrar a súa capacidade para empregar ferramentas de traballo telemático). Terase en conta a calidade e contidos da entrega, podendo o docente solicitar a defensa oral de parte da proba.

Adianto de oportunidade de avaliación ("avaliación adiantada")

As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán as establecidas para a avaliación da segunda oportunidade.

O alumnado que desexe concorrer á avaliación adiantada, deberá contactar co equipo docente (mediante correo electrónico) antes do inicio do período de exames da avaliación adiantada.

Realización fraudulenta de probas

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes