Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Técnicas de Negociación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral B14 C3 C6 C7 Exposición oral complementada con el uso de medios audiovisuales y la introducción de algunas preguntas dirigidas a los estudiantes, con la finalidad de transmitir conocimientos y facilitar el aprendizaje.
Valorarase a participación activa do alumnado
10
Estudo de casos A20 A31 B1 B3 B6 B7 B9 B13 B14 B15 B16 C6 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 15
Traballos tutelados A15 A16 A27 B5 B6 B7 B10 B12 B13 B16 C1 C4 Metodología diseñada para promover el aprendizaje autónomo de los estudiantes, bajo la tutela del profesor y en escenarios variados (académicos y profesionales). Está referida prioritariamente al aprendizaje de como "hacer las cosas". Constituye una opción basada en que los estudiantes asuman la responsabilidad de su propio aprendizaje. Este sistema de enseñanza se basa en dos elementos básicos: el aprendizaje independiente de los estudiantes y el seguimiento de ese aprendizaje por el profesor. Para ello, los alumnos tendrán que elaborar, presentar y defender un trabajo en grupo sobre algún tema relacionado con los contenidos del programa 15
Proba de resposta múltiple A8 B2 B4 Proba sobre o coñecemento das materias do programa.
Para evaluar o grado de adquisición dos contidos da asignatura por parte dos alumnos, realizarase unha proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
A proba celebrarase o día sinalado pola Xunta de Faculltade.
50
Presentación oral A13 B2 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 10
 
Observacións avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA (1ª OPORTUNIDADE)

A nota final será a suma de todas as metodoloxías anteriormente indicadas. Será necesario aprobar a parte do exame teórico para poder superar a materia (2´5 sobre 5), a partir dese aprobado sumaráselle as actividades realizadas na parte interactiva. Todos os estudantes teñen que ter entregadas todas as actividades, antes del exame, para así poder ser avaliados.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (2ª OPORTUNIDADE)

A nota da parte interactiva de Xuño gardarase para a convocatoria de Xullo.

Aquelas persoas que non aprobasen na convocatoria de xuño poderán gardar  a nota das outras metodoloxías para a portunidade de xullo, sempre e cando teñan dita parte superada. Se considerará superada cando se acade, a lo menos a metade da nota máxima para dita parte

Aquelas persoas que non se presentasen  ou non superasen ás metodoloxías: deberán realizar unha única proba que computará o 100% da nota, pudendo consistir dita proba en preguntas curtas. A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta.

En segundas e sucesivas matrículas no computarán as cualificacións da parte interactiva dos cursos anteriores.

Implicacións do plaxio:

 Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

NON ASISTENCIA A CLASE/MATRÍCULA PARCIAL

-Para aqueles alumnos que por causas xustificadas non poidan asistir regularmente a clase, o alumno terá a posibilidade de presentarse exclusivamente á proba mixta final, nas datas sinaladas pola Xunta do Centro. A valoración neste caso da proba final será de 10 puntos. O alumno terase que poñer en contacto co profesor responsable da asignatura ao principio do cuadrimestre.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: o alumno debe comunicalo obligatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. O alumno terá a posibilidade de presentarse exclusivamente á proba mixta final escrita, nas datas sinaladas pola Xunta de Facultade. A valoración neste caso da proba final será de 10 puntos.

-Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispondrá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á recollida no proceso de avaliación. A valoración neste caso da proba final será de 10 puntos.


-A cualificación de matrícula de honra, de darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida,  convocaráselles para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá nun novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo co os interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.0 requisito básico para optar á matrícula de honra, poderá optar a matrícula de honor despois de solicitalo ao profesor e mediante a superación da proeba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgarlas naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores da matrícula pola aptitude e actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes