Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Instalacións Eléctricas en Media e Alta Tensión
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A27 A26 B1 B4 B5 B9 C3 Se incluirá un 20% da valoración deste apartado no caso da realización de algunha proba intermedia se se dise o caso. Se non fora así, esta porcentaxe recaería adicionada sobre a proba obxetiva. 20
Portafolios do alumno A1 A4 A5 A26 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C3 Se incluirá un 20% de valoración deste apartado no caso da realización de algún traballo tutelado se se dise o caso. Se esto non fora así, esta porcentaxe recaería adicionada sobre a proba obxetiva. 20
Proba obxectiva B1 B5 Na corrección das probas mixtas poderánse ter en conta entre outros factores:
- O seguimiento das instrucións para a súa realización.
- A corrección técnica dos cálculos e resultados.
- A orde, limpeza e organización do material entregado.
- A correcta expresión das ideas e razonamientos empregados.
60
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia realizarase mediante as seguintes probas:

Actividades que se poden realizar durante o período lectivo:

    • Poderase propoñer a realización de probas intermedias cun valor de ata o 20% do valor total da nota da materia (no caso da proposta de realización destas, esta puntuación poderá ser recuperable mediante a proba obxectiva final) .
    • Poderase propoñer a realización de traballos tutelados cun valor de ata o 20% do valor total da nota da materia (no caso da proposta de realización destas puntuacións non será recuperable).

Proba obxectiva final:

  • A realización desta proba obxectiva será obrigatoria para superar a materia, debendose presentar e superar correctamente o 40% da proba para a suma da puntuación das actividades que se poidan realizar durante o período lectivo. Dependendo da organización ou non das actividades durante o período lectivo, a valoración da puntuación das mesmas sumaríase á porcentaxe final da proba obxectiva final, podendo variar entre o 60 % e o 100 % da ponderación da nota final, sendo necesario superar o 50% da proba para superar a materia. O método de avaliación será similar para a primeira e a segunda oportunidade.

Nota sobre a avaliación das actividades non presenciais:

Actividades non presenciais:

  • O profesor reservarase o dereito de solicitar información complementaria por videoconferencia para poder validar a veracidade da autoría dos contidos presentados, reservándose o dereito a unha redución de ata o 100% da puntuación obtida no caso de respostas non concluíntes que podan presentar dúbidas sobre o traballo realizado.

Condicións adicionais:

Condición de non presentado:

  • O alumnado que non se presente á proba obxectiva de primeira ou segunda oportunidade obterá a condición de non presentado, con independencia da valoración das posibles actividades realizadas durante o período lectivo.

Convocatoria adiantada:

  • O alumnado que realice unha convocatoria anticipada poderá conservar a puntuación obtida nas actividades realizadas durante o periodo lectivo durante unha convocatoria. Despois disto, se a materia non estivese superada ou non se tivese realizado ningunha proba, avaliaranse mediante unha proba obxectiva final, puntuando a mesma no 100% da nota da materia, sendo necesario superar o 50% da proba para superar a materia.

Dispensa académica:

  • Os estudantes con dispensa académica estarán exentos de asistencia a clase e prácticas de laboratorio. Os métodos de avaliación serán equivalentes aos empregados co alumnado matriculado na modalidade presencial.

Realización fraudulenta:

  • O alumnado que de forma fraudulenta realice calquera tipo de actividade de avaliación (tanto realizando actividades durante o período lectivo como na proba obxectiva), unha vez comprobado, será calificado automaticamente como suspenso (nota numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, non podendo avaliarse da materia ata a próxima convocatoria do próximo curso académico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes