Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Enxeñaría Gráfica (Formación Dual)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A37 A36 B1 B5 B11 C3 O estudante entregará dous informes de seguimento, a final de cada cuadrimestre, que recollerán a descrición concreta e detallada das tarefas e traballos que vai desenvolvendo, departamentos da entidade aos que está a ser asignado e unha relación dos problemas que se lle van expondo e o procedemento que seguiu para a súa resolución. Redactará tamén unha memoria final na que valore as competencias adquiridas e avalíe a idoneidade das prácticas realizadas e o que estas lle achegaron á súa formación.
A avaliación das competencias e resultados de aprendizaxe obterase considerando os informes de ambos os titores e a memoria presentada polo estudante.
100
 
Observacións avaliación

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Da cordo con o Regulamento disciplinar
do estudantado da UDC, no caso de
que o alumno/a cometa unha falta disciplinaria na materia : o/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a
súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes