A avaliación farase a partir de resultados de distintas probas ó longo do curso, incluidas as convocatorias oficiais.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia será evaluado da misma maneira que o resto do alumnado. En todo caso se algunha práctica plantease problemas de compatibilidades de horarios podrase acordar co alumnado un horario compatible.
Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira oportunidade, salvo para as prácticas a través de TIC. As prácticas a través de TIC, avaliaranse únicamente na primeira oportunidade, manténdose esa calificación para a segunda oportunidade, no caso de ter que concurrir a ésta. Para superar a materia o alumnado deberá acadar en cada parte da materia un 30% da nota total desa parte, agás nas prácticas, que na segunda oportunidades non terán ese requisito.
Ao alumnado que se presente a convocatoria adelantada teráselle en conta as notas das prácticas das convocatorias anteriores e poderá optar o resto da nota mediante a realización dunha proba mixta ou obxetiva.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.