Prácticas de laboratorio |
A maior parte da docencia interactiva realizarase durante ás prácticas de laboratorio. Nelas o alumnado dividido en grupos reducidos, poderán ver a aplicación dos principais conceptos teóricos revisados na aula anteriormente. Estas clases poderán constar de videos interactivos, onde deberán traballar sobre os contidos do mesmo; prácticas de procesado, conferencias, etc.
Ao final de cada clase, os/as estudantes cubrirán un cuestionario respecto os distintos aspectos que se viron na práctica, isto servirá para avaliar o seu traballo na mesma.
Nas sesións de laboratorio seguiranse en todo momento as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades . |
Proba de resposta múltiple |
Despois de cada sesión maxistral o alumnado que asistiu a clase, poderá facer un test online sobre a materia vista, a través da plataforma Moodle. O test seguirá a mesma metodoloxía que a proba obxectiva e puntuará na nota final.
O obxectivo é que os/as estudantes se acostumen a realizar este tipo de probas ao longo do curso. |
Traballos tutelados |
Coma parte avaliable da materia, o alumnado fará un ou dous traballos en grupo. Estes traballos consistirán na aplicación de materiais poliméricos nun produto, tendo en conta non so a selección do material, o proceso de fabricación mais idóneo senón tamén aspectos sobre a normativa aplicable o produto en si, aspectos económicos (rentabilidade industrial), impacto medioambiental, etc. Coma parte do traballo, as/os estudantes reflexionarán sobre a implicación que ten o desenvolvemento e fabricación do produto escollido no traballo, na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
A idea é que o/a estudante correlacione os conceptos vistos na materia de forma práctica nun suposto real, que aprenda a consultar fontes bibliográficas especializadas, que aprenda a traballar en grupo, linguaxe técnica, linguaxe inclusiva, etc.
O final do cuadrimestre cada grupo entregará unha memoria sobre o traballo realizado e tamén fará unha breve exposición oral ao resto da clase. Na xornada de exposición oral, seguiranse as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades. |