Co fin de
garantir a igualdade de oportunidades, os alumnos presenciais e semipresenciais
deberán superar as mesmas probas e responder aos mesmos cuestionarios, que se
desenvolverán a través da plataforma Moodle da UDC.
Consideraranse
PRESENTADOS nas actas da materia todos aqueles alumnos que se presenten aos
exames prácticos ou ao exame final oficial da materia.
A nota final en
actas dos estudantes que non alcancen nas prácticas ou na proba obxectiva do
temario teórico a nota mínima para superar a materia, pero cuxa puntuación
acumulativa sexa superior a 50, será un 4.9 (SUSPENSO).
Na segunda
oportunidade tan só deberá presentarse a exame o alumnado que non se presentou
na primeira, ou que non superase a nota mínima para aprobar a materia nos
cuestionarios de prácticas ou na proba obxectiva de teoría. Manteranse para a
cualificación final nesta segunda oportunidade as notas acumuladas no traballo
de seminario e na presentación oral. A metodoloxía de avaliación dos
coñecementos teóricos e prácticos será a mesma da primeira oportunidade.
No caso de que
algún estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidese presentar o
seu traballo en seminarios ou a súa presentación oral, poderá intentar
recuperar os puntos perdidos respondendo a un bloque adicional de preguntas e
exercicios na proba obxectiva que constitúe o exame oficial da materia, tanto
na primeira como na segunda oportunidade.
A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a
cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente,
invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de
avaliación de cara á oportunidade
extraordinaria.