Consideracións xerais:
O alumnado disporá de dúas oportunidades oficiais para superar a materia (ver calendario en https://www.usc.gal/gl/titulacions/masters_oficiais/neurosci/).
A cualificación de Non Presentado aplicarase no caso de que o alumnado non se presentase nalgunha das oportunidades oficiais existentes.
Aspectos e criterios de avaliación:
- Alumnado con dedicación completa e alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
Na oportunidade de final de cuadrimestre (primeira oportunidade) teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, os distintos apartados recollidos no sistema de avaliación: a) realización dunha proba mixta sobre os contidos da materia, representando o 50% da cualificación final, b) a realización e presentación do traballo nos seminarios suporá o 40% da cualificación final, e c) a participación activa na sesión de discusión/debate suporá o 10% da cualificación final .
Na segunda oportunidade poderase recuperar a/s parte/s non superada/s, exame (proba mixta) e/ou traballo, representando cada unha destas o 50% da cualificación final.
Nota:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación conlevará a aplicación da normativa vixente ao respecto.