Recoméndase a asistencia e participación ás clases tanto de índole
teórico como práctico. Así mesmo, recoméndase completar o material facilitado
polo profesorado coa bibliografía por eles recomendada e a realización das
tarefas encomendadas. Un estudo continuo da materia e o uso das titorías para
resolver dúbidas é fundamental para superar con éxito a asignatura. Recoméndase
o uso das titorías individuais para os alumnos con dificultades en superar a
materia. Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna
inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da
Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen
nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en
formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de
borradores. Perspectiva de xénero "Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)". "Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade". "Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas". |