Programa Green Campus
Facultade de Ciencias Para axudar a
conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da
"Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos
documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse
maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en
papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse
impresións a dobre cara. - Empregarase papel
reciclado. - Evitarase a
realización de borradores. Perspectiva de xénero: Segundo se
recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorpórase a perspectiva de xénero nesta materia, polo que deberás usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de diversos xéneros, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas.... Ademais, traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Prestárase atención á detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas. |