Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 5 puntos (máximo 10 puntos) en cada unha das diferentes actividades avaliables.
Dado que a cualificación baséase no modelo de avaliación continua, valorarase específicamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto que poderá sumarse á calificación final.
Os/as alumn@s que non asistan e non participen nas actividades evaluadas de manera continuada obtendrán unha calificación de cero puntos neste apartado nas dúas oportunidades, excepto se o/a alumn@ ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou ben de modalidades de aprendizaxe ou de apoio á diversidade. O alumnado será avaliaado mediante as calificacións obtidas na proba mixta (20%), traballos tutelados (30%), proba de resposta múltiple (20%) e na proba obxetiva que realizará durante as tutorías programadas (30%).
No caso de circunstancias excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesorado Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumnado que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia nas duas oportunidades.
A realización de todas as actividades é obrigatoria, polo que para aquel alumnado que se acolla ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia "tratarase de adaptar os horarios á súa dispoñibilidade na medida do posible. A cualificación final para este alumnado, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, seguirá o esquema de avaliación anteriormente descrito.
O/a alumn@ terá unha cualificación de non presentado cando realice menos dun 25% das actividades académicas programadas e non se presente á proba mixta.
O alumnado evaluado na 2ª oportunidade só poderán optar pola Matrícula de Honor se o número máximo destos para o curso correspondente non se cubriron completamente na 1ª oportunidade.
A realización fraudulenta de
algún exercicio ou proba do/a alumn@ para a evaluación da materia estará suxeta a
responsabilidades disciplinarias, conforme se recolle nas Normas de Evaluación,
Revisión e Reclamación das Cualificacións de Grao e Mestrado Universitario
(Artigo 11) e no Estatuto do Estudiantado da UDC (Artigo 35, punto 3):
"Calificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a
falta: o/a estudiante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, se procederá
a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade se fose
necesario"