Para superar a materia será preciso obter no exame unha nota non inferior ó 5 (sobre 10), e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha nota mínima de 5 (sobre 10) e calcularase así:exame final*0,7+prácticas+solución de problemas. De non alcanzarse a dita puntuación mínima en algunha das actividades avaliables, e no caso de que a nota final fóse maior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa(4,5).
A avaliación dos alumnos na segunda oportunidade seguirá os mesmos criterios que na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso correspondente non se cubriu na primeira oportunidade. As cualificacións das prácticas de laboratorio así como da proba parcial, conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. A cualificación da proba de xullo substituirá á obtida na proba de xuño.
Os alumnos que por razóns xustificadas, por estar matriculados a tempo parcial ou estudantes con dispensa académica de exención de asistencia que non participen nas actividades de avaliación continua voluntarias, poderán facer un traballo equivalente, que consistirá na entrega e explicación durante as sesións de titoría individualizada dos boletíns de problemas e actividades propostas para facer nas sesións de grupo reducido.
As prácticas de laboratorio realizaranse segundo o calendario oficial publicado ó principio do cuadrimestre. A realización das prácticas ten carácter obligatorio polo que é necesario facelas e superalas para poder superar a materia.
Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en actividades que sumen máis do 25% da cualificación final.
A detección de plaxio en calquera das actividades avaliables terá como consecuencia a cualificación de suspenso na dita actividade.