Para
poder superar con éxito a materia, é imprescindible que o alumno posúa unha
serie de coñecementos previos de química, de acordo co nivel esixido en
secundaria e bacharelato, como son: nomenclatura e formulación química, axuste
de reaccións químicas e cálculos estequiométricos. Perspectiva de xénero: - Segundo se recolle nas
distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria,
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase
linguaxe non sexista, utlizarase bibliografía de autores/as de ambos
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas,...). - Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. - Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Programa Green Campus Facultade de
Ciencias Para axudar a
conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "
Declaración Ambiental da Facultade de Ciencia (2020)", os traballos
documentais que se realicen nesta materia: a.-
Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b.- De
realizarse en papel: - Non se
empregarán plásticos. -
Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase
papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores. |